¡Qué hermosa y qué encantadora eres, amor mío, con todos tus encantos!




E-mail this post



Remember me (?)



All personal information that you provide here will be governed by the Privacy Policy of Blogger.com. More...



Non sei-non sei: Lúa Vázquez

Non sei-non sei. Hoxe lin o xornal. Letras e máis letras: palabras, comas, puntos… cando o lin pensei que sorte teñen os gatos e os cans. Sorte porque non saben ler nin escribir. Gustaríame ser un gato calquera, un de barrio: independente, solitario, con xenio, de diferentes cores para que a xente se fixase en min, audaz, intelixente… pero non, tocoume ser humano… Mentres lía o xornal hoxe pola mañá atopeime un artigo sobre o cambio. Podería ser o cambio de sexo, de estación, de políticos, de partido de fútbol… Podería ser un cambio de ser cabalo a ser burro. Non sei. ¿Cambio de governo? ou mesmo de moeda. Só sei que lle chamaban cambio climático. E non sei o que significa. ¿Poderíame cambiar de humano a gato? … ¿de can a xirafa? … ¿de espermatozoide a molécula atómica?...

Climático… ufffff…

Perdón, preséntome: son unha muller. Muller de nacemento. Persoa de adopción. Xitana de familia e lesbiana porque me da a gana. Todo en un. Nin máis nin menos. O meu nome é Cecilia, co cal nin son muller, nin persoa, nin xitana nin lesbiana. CE-CI-LIA. Licenciada en historia da arte pola universidad internacional de New York. Especialista nos cadros de Van Gogh e, en concreto, do impresionismo europeo. Todo nunha persoa.

Cando abrín o xornal, atopeime un pouco de todo, falaban de moitas cousas sumamente interesantes: morreu fulanito, problemas con Fene, hai tales eventos culturais, a guerra de Irak segue en pé de guerra… pero eu quédome cunha cousa: O CAMBIO CLIMÁTICO. A miña curiosidade levoume a unha serie de preguntas: ¿hai futuro? ¿temos futuro? É decir, ¿podo ter fillos e terán un lugar no mundo? É decir, ¿podo mercar un coche sabendo que vai contaminar “x” porcentaxe de material contaminante? ¿mercar un piso preto da costa, sabendo que pode estar subindo o nivel do mar?Ás veces dame a sensación que é mellor non saber, por iso o de ser gato. Moitas veces gustaríame vivir nunha illa do pacífico e non ler nada dos xornais, fumar porros continuamente e rirme sin cesar sen preocuparme nin do cambio, nin dos gatos, nin dos cabalos, nin de min mesma. Olvidarme do meu traballo e mirar cara á lúa ou cara ó sol sen facer nada. Para min sería a mellor opción. Tamén me podería meter nalgunha secta relixiosa e pensar que todo é cuestión de deus e da madre que o pareu.

STOP


(Texto de Lucía Aneiros Vázquez)


Carissima in Deliciis

  • O. Elias Lira
  • Perfil

Pluma y Tintero

Fichero

Amigos Invisibles